Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sobe un 22 % a demanda en Galicia de locais para oficinas e despachos profesionais

Sobe un 22 % a demanda en Galicia de locais para oficinas e despachos profesionais

Á volta ao traballo presencial logo da pandemia repuntou en ano e medio, sobre todo en Vigo e na Coruña

 Os máis buscados son locais de entre 50 e 100 metros cadrados no centro das cidades

Aumenta tamén a demanda de postos en espazos de traballo compartido

G24.gal 28/09/2024 21:16 Última actualización 28/09/2024 21:45

A necesidade de manter o contacto directo coa clientela ou as vantaxes do traballo compartido, fan que estea aumentando a demanda de locais para instalar oficinas e despachos. Un incremento que pon en valor os locais e baixos comerciais. Á volta ao traballo presencial fíxose de xeito gradual logo da pandemia, pero acentuouse sobre todo no último ano e medio.

Os expertos cifran nun incremento do 22 % a demanda de locais para oficinas e despachos profesionais. E unha fórmula en auxe que dá resposta a esa demanda son espazos de coworking ou traballo compartido. Non só para repartir gastos, senón tamén por traballar en compañía ademais de adaptarse ás novas necesidades de empresas e autónomos.

Os novos modelos de alugueiro puntual e ocasional trasládanse tamén ao sector dos negocios. Para cada necesidade específica hai un produto acaído.

"Coa chegada do AVE aumentou as peticións, sobre todo de estranxeiros e foráneos, de oficinas para un día ou curtos períodos de tempo. Aquí ofrecemos ese servizo, xa que as empresas e autónomos dispoñen dun posto de traballo con todos os servizos, sen preocuparse de nada máis", comenta María Santos, socia cofundadora de Magma Espacio, un lugar de coworking aberto hai unha década no centro de Ourense e que conta con 13 oficinas dispoñibles.

As cidades con máis pulo económico como Vigo e A Coruña son as que maior incremento da demanda experimentaron, xa que concentran o 65 por cento das buscas.

"No último ano e medio aumentou un 22 por cento a solicitude de locais comerciais para oficinas e despachos profesionais", afirma Benito Iglesias, presidente de FEGAIN, Federación Galega de Empresas Inmobiliarias.

Os locais máis demandados son os que teñen entre 50 e cen metros de superficie, nos centros das cidades, e que poden custar uns oito euros o metro cadrado. 

"Grupos de investimento internacionais están mercando edificios enteiros destinados a oficinas porque teñen unha rendibilidade do 6 %", apunta Benito iglesias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos