Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sober acolle esta fin de semana a primeira feira do viño poscovid

Sober acolle esta fin de semana a primeira feira do viño poscovid

22 adegas participan nun evento que quere recuperar a normalidade

Aloxamentos turísticos e restaurantes teñen cubertas todas as reservas

G24.gal 08/04/2022 20:40

22 adegas participan na edición número 42 da Feira do Viño de Amandi, en Sober. Os organizadores senten a presión de ser a primeira feira do viño que se vai celebrar en Galicia con case total normalidade logo de dous anos de pandemia. Volverá haber tamén actuacións musicais, postos de artesanía e produtos locais e comida en abundancia. Para desfrutar do viño estará dispoñible unha carpa de 1.600 metros cadrados. Todo co obxectivo de que a feira sexa o máis semellante posible ás anteriores.

A feira vai servir tamén para dar pulo aos hostaleiros do concello. Os 65 aloxamentos turísticos soberinos teñen cubertas todas as reservas para a fin de semana e o mesmo sucede nos restaurantes. Ademais, a feira coinide co levantamento das restricións que aínda se mantiñan en vigor na hostalería e que mañá xa non haberá que cumprir. Todos os sectores relacionados coa feira confían en que o bon tempo axude tamén a encher Sober de visitantes.

O pregoeiro desta edición da feira será o actor recente gañador dun Goya e oriundo de Sober, Chechu Salgado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos