Cargando resultados...
Rueda reúne o seu Goberno en Sober para fixar as liñas de acción da lexislatura
Rueda reúne o seu Goberno en Sober para fixar as liñas de acción da lexislatura
A elección do enclave para celebrar o encontro busca reforzar o apoio da Xunta á Ribeira Sacra como patrimonio mundial da Unesco
G24.gal
28/09/2024 15:06
Última actualización 28/09/2024 15:48
Alfonso Rueda reúne esta fin de semana en Sober a todo o seu equipo de Goberno. O presidente da Xunta fixou como obxectivo desta xuntanza de traballo reforzar a coordinación entre as consellerías e fixar a folla de ruta do Goberno galego para esta lexislatura.
A elección de Sober como enclave para celebrar o encontro busca reforzar o apoio da Xunta á Ribeira Sacra como patrimonio mundial da Unesco.
Este retiro é o primeiro que realiza o Goberno galego con Rueda como presidente e lembra os de Manuel Fraga na década dos 90.