Sumar di que a lexislatura depende das medidas en materia de vivenda
Sumar di que a lexislatura depende das medidas en materia de vivenda
Podemos condiciona o apoio aos presupostos á rebaixa por lei do prezo dos alugueiros
O Goberno ve na lei de vivenda a solución a un dos problemas máis graves, di, que ten España. Defende que fai posible desenvolver medidas como a de blindar o parque público de vivendas para que non se poidan vender.
"Imos seguir traballando polo tema da vivenda e por todos os problemas que afectan á cidadanía", di a vicepresidenta do Goberno, Mª Jesús Montero.
Pero os socios de Sumar piden ir máis alá. E esixen intervir os prezos para baixar os alugueiros ou limitar a compra de vivendas. E advirten...
"A lexislatura depende de que haxa unha resposta sobre a vivenda", defende Aina Vidal.
As medidas en vivenda son tamén unha das condicións de Podemos para dar o seu apoio aos presupostos. Ven nas declaracións da ministra, Isabel Rodríguez, unha mostra dos nervios que hai no PSOE.
"Direille que coas miñas tres propiedades non teño para pagara nin a metade do chalé de Galapagar", asegura a Ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez.
"Temos catro votos imprescindibles que pensamos utilizar. A súa actitude exaltada fala máis do seu nerviosismo e de que ven que imos en serio que de calquera outra cousa", responde Ione Belarra, secretaria xeral de Podemos.
As condicións: baixar por lei un 40 % o prezo dos alugueiros e prohibir a compra de vivendas que non sexa para residir.