Cargando resultados...
Sober acolle unha nova edición da Feira do Viño de Amandi
Sober acolle unha nova edición da Feira do Viño de Amandi
É a mostra máis veterana das que se organizan na Ribeira Sacra
Participan 22 adegas, que dan a coñecer os caldos da última colleita
G24.gal
23/03/2024 15:11
Última actualización 23/03/2024 15:51
Viños que reflicten o traballo esmerado dos viticultores desta zona de Sober é o que se pode ver na Feira de Amandi, a decana das que exaltan os caldos da denominación de orixe Ribeira Sacra.
A cita é un escaparate para promover o viño da última colleita, pero recentemente abriuse a outras variedades.
Co paso dos anos, converteuse nun atractivo para achegarse a coñecer un viño relacionado coa viticultura heroica. Un total de 22 adegas participan nesta feira, que se celebra desde hai 44 anos.