Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia vai contar cunha comercializadora para abaratar o custo da electricidade

Galicia vai contar cunha comercializadora para abaratar o custo da electricidade

Vanse poder beneficiar da rebaixa os sectores estratéxicos da economía galega e a veciñanza dos parques eólicos

Rueda comparecerá no Parlamento o 8 de outubro para explicar as liñas estratéxicas do Goberno, que aprobará os orzamentos ese mes

G24.gal 29/09/2024 14:12 Última actualización 29/09/2024 15:23

Os sectores estratéxicos da economía de Galicia e tamén a veciñanza que vive cerca dos parques eólicos serán a clientela da nova comercializadora e terán a enerxía máis barata.

Alfonso Rueda explicou que a Xunta vai "crear unha comercializadora propia que permitirá abaratar e descarbonizar o consumo de enerxía en Galicia".

"Queremos que sexa unha realizade a principio de 2025 e que preste servizo a sectores estratéxicos da economía galega e aos veciños que vivan cerca dos lugares onde hai proxectos de xeración de enerxía", dixo o presidente da Xunta.

Tamén anunciou que o próximo 8 de outubro vai explicar no Parlamento as liñas estratéxicas do Goberno para aprobar os orzamentos ese mesmo mes. Asegurou que isto vai ser posible porque Galicia conta, dixo, cun Goberno unido.

"Todo co obxectivo de que Galicia o 1 de xaneiro volva ter contas que nos permitan seguir traballando. Ese é o compromiso que temos cos galegos. Ese é o estilo Galicia, traballar dende a planificación, a concordia, a unión e o sentidiño".

Na clausura do retiro do Goberno galego en Sober, Rueda fixou como un obxectivo prioritario seguir traballando para que Galicia lidere a transición verde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar