Soler consegue a primeira vitoria do ciclismo español nunha gran volta nos últimos dous anos
Soler consegue a primeira vitoria do ciclismo español nunha gran volta nos últimos dous anos
O francés Rudy Molard é o novo líder
O español Marc Soler (UAE Emirates) impúxose na quinta etapa da Volta a España disputada entre Irún e Bilbao, cun percorrido de 187,2 km, na que enfundou a camisola de líder o francés Rudy Molard (Groupama FDJ). Soler consegue a primeira vitoria do ciclismo español nunha gran volta nos últimos dous anos.
🏁Etapa 5 | Stage 5
— La Vuelta (@lavuelta) August 24, 2022
🙋🏻♂️🏆 @solermarc93🏆#LaVuelta22 pic.twitter.com/HL8l1KfWY4
Tras coroar en solitario no alto do Viveiro, a 16 km de meta, o ciclista catalán marchou en solitario ata a meta de Bilbao, onde cruzou a liña cun tempo de 4h.15.23, a 44 km/hora, con 2 segundos de vantaxe sobre un grupo perseguidor de 10 homes, co surafricano Daryl Impey (Israel) e o británico Fred Wrigth (Bahrain) á fronte.
O pelotón principal co Jumbo na cabeza cruzou a meta a 5,09 minutos. O novo líder é o francés Rudy Molard (Groupama), con Wrigth a 2 segundos e Nikias Arndt (BikeExcgange) a 1,09 minutos.