Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sorpresa no grupo F: Marrocos e Croacia, clasificadas para oitavos e Bélxica, eliminada

Sorpresa no grupo F: Marrocos e Croacia, clasificadas para oitavos e Bélxica, eliminada

Marrocos accede por segunda vez na súa historia aos oitavos de final dun Mundial

O español Roberto Martínez anunciou o seu adeus á selección belga

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 01/12/2022 17:57 Última actualización 01/12/2022 18:55

A selección de Marrocos venceu este xoves a de Canadá (1-2) e accede por segunda vez na súa historia a oitavos de final dun Mundial, como primeira de grupo. Os goles de Hakim Ziyech, tras un erro do porteiro canadense, e de Youssef En-Nesyri permitiron aos marroquís amarrar a primeira praza do grupo.

Mentres, Croacia logrou o pase aos oitavos como segunda do grupo F tras empatar sen goles fronte a Bélxica, semifinalista no último mundial. Lukaku desperdiciou ocasións clarísimas para os belgas.

O español Roberto Martínez anunciou despois o seu adeus á selección belga.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos