Publicador de contidos
Publicador de contidos

STC Group pedirá nos próximos días autorización a Defensa para a súa compra do 9,9% en Telefónica

STC Group pedirá nos próximos días autorización a Defensa para a súa compra do 9,9% en Telefónica

O prazo máximo de Defensa ou do Consello de Ministros para resolver a solicitude e notificar a resolución ao interesado será de tres meses

Corresponderíalle ao operador saudita un ou dous asentos no Consello de Administración

O investimento fíxose mediante a adquisición de accións por un 4,9 % do capital, e a de instrumentos financeiros polo 5 % restante

Imaxe da web corporativa de STC Group Imaxe da web corporativa de STC Group
G24.gal 06/09/2023 13:19

A empresa saudita STC Group pedirá "nos próximos días" ao Ministerio de Defensa autorización para facerse co 9,9 % de Telefónica, onde onte irrompeu por sorpresa nunha operación da que informou o operador momentos antes de comunicarllo á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Para a empresa saudita aínda é pronto para valorar se pedirá un asento ou non no Consello de Administración de Telefónica, algo que non descarta pero tampouco confirma porque considera prematuro avalialo.

No caso de que reciba a autorización para facerse co 9,9 % de Telefónica, corresponderíanlle ao operador saudita un ou dous asentos no Consello de Administración do operador español.

Ao parecer, a operación colleu por sorpresa os directivos de primeiro nivel de Telefónica.

STC Group comunicou este martes á CNMV a adquisición dun 9,9 % de Telefónica por 2.100 millóns de euros.

Pendente de converter un 5 % de instrumentos financeiros

O investimento fíxose mediante a adquisición de accións por un 4,9 % do capital, e a de instrumentos financeiros polo 5 % restante.

A idea é obter os dereitos de voto correspondentes a ese 5 % do capital social mediante a liquidación física destas accións tras a obtención das autorizacións reguladoras necesarias.

Para iso, pedirá nos "próximos días", segundo dixo un portavoz de STC Group, a correspondente autorización ao Ministerio de Defensa.

Segundo o real decreto do pasado xullo que modifica a lei de investimentos estranxeiros, estas compañías deberán pedir autorización a Defensa no caso de adquisicións que superen o 5 % do capital se se trata de empresas relacionadas con actividades en defensa nacional.

Telefónica ofrece servizo de telecomunicacións a Defensa e, por tanto, é un sector crítico para a defensa nacional.

Segundo o real decreto, unha vez solicitada autorización ao Ministerio de Defensa, será o Consello de Ministros o que resolva, salvo naqueles casos en que o investimento, "pola súa natureza, características ou importe", non afecte os intereses esenciais da defensa.

Neste último caso, podería ser autorizada a operación pola persoa titular da Dirección Xeral de Armamento e Material, previo informe da Xunta de Investimentos Exteriores.

En calquera caso, o prazo máximo de Defensa ou do Consello de Ministros para resolver a solicitude e notificar a resolución ao interesado será de tres meses.

Unha operación que caeu por sorpresa

Telefónica informou á CNMV de que onte mesmo fora informada de que o operador líder de comunicacións no Reino de Arabia Saudita e Oriente Medio adquirira unha participación do 9,9 %.

Afirmou que tomaba nota da "aproximación amigable" de STC e do seu apoio ao equipo directivo, á estratexia de Telefónica e á súa capacidade para crear valor.

O conselleiro delegado de STC Gropu Olayan Alwtaid afirmou nun comunicado que non teñen intención de adquirir o control ou unha participación maioritaria en Telefónica e que o seu investimento demostra a confianza no equipo directivo de Telefónica, na súa estratexia e na súa capacidade para crear valor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade