Publicador de contidos
Publicador de contidos

Stellantis abre a porta para traer a Europa a produción de Leapmotor para evitar os aranceis

Stellantis abre a porta para traer a Europa a produción de Leapmotor para evitar os aranceis

O obxectivo da empresa é comercializar polo menos seis novos modelos eléctricos de aquí a 2027

G24.gal 14/06/2024 15:41 Última actualización 14/06/2024 15:55

Stellantis estuda traer a Europa parte da produción desenvolvida de maneira conxunta coa chinesa Leapmotor para evitar a aplicación dos aranceis ás importacións propostas pola Comisión Europea. Así o desvelou o conselleiro delegado do fabricante europeo, Carlos Tavares.

As dúas compañías empezarán a vender os primeiros vehículos eléctricos en nove países europeos a través dunha rede de 200 puntos de venda que alcanzará os 500 en 2026. O obxectivo da empresa é comercializar polo menos seis novos modelos de aquí a 2027.

Os modelos T03 e C10 serán os primeiros en chegar a Europa e presentarase un modelo novo cada ano durante os tres próximos, con vehículos que contarán cunha autonomía media de entre 265 e 420 quilómetros.

Stellantis deixou ver que a súa planta en Polonia, podería ser o emprazamento no que se constrúan os vehículos de Leapmotor.

Nestes momentos, descártase a presenza da marca nos Estados Unidos, onde lle queren impoñer aos coches chineses un imposto do 100 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade