Stellantis afronta unha nova parada na factoría de Vigo por falta de aprovisionamento
Stellantis afronta unha nova parada na factoría de Vigo por falta de aprovisionamento
A parada afecta o sistema 2 de produción da factoría, que ensambla furgonetas
A factoría de Vigo da multinacional automobilística Stellantis efectuará unha nova parada de produción debido á falta de aprovisionamento, informaron este xoves fontes da empresa.
A parada afectará o sistema 2 de produción da factoría, o que ensambla as furgonetas das distintas marcas de Stellantis.
Como consecuencia deles, quedou cancelada a quenda de noite deste xoves e do luns 8 de abril, suspendidas dúas quendas deste venres e o vindeiro luns e detida a actividade da quenda de fin de semana do domingo.
En todos os casos, asegura a empresa, trátase dunha suspensión por causas de forza maior por problemas de aprovisionamento de pezas no sistema de subministración, precisaron as fontes.