Stellantis almacena xa os seus coches na Plisan á espera de transporte por mar
Stellantis almacena xa os seus coches na Plisan á espera de transporte por mar
O uso da Plataforma Loxística de Salvaterra As Neves serve de almacén temporal para os vehículos de Stellantis para evitar un tapón na loxística que chegue a parar a produción
Parcelas baleiras e viais aínda sen uso na Plataforma Loxística de Salvaterra As Neves serven de almacén temporal para os vehículos que xa non caben no porto de Vigo. O obxectivo é evitar que este tapón na loxística chegue a parar a produción da fábrica viguesa de Stellantis, antiga Citroën, como xa sucedeu coa subministración de microchips.
Esas paradas da produción por falta de compoñentes incrementaron o desaxuste nas viaxes das navieiras que se suman aos problemas de transporte por estrada nos países de destino, especialmente Francia, Bélxica e o Reino Unido. Os empresarios reclaman investimentos para evitar estas situacións.
A medio prazo xa se buscan novos portos de destino e saír dunha crise que se vén producindo dende o inicio da pandemia agravada agora pola crise enerxética.