Publicador de contidos
Publicador de contidos

Stellantis freta avións coas pezas dos coches para non parar a produción

Stellantis freta avións coas pezas dos coches para non parar a produción

Na planta viguesa non tiveron, polo momento, afectacións concretas por esta situación no mar Vermello

G24.gal 18/01/2024 14:47

A automoción é un dos sectores económicos máis prexudicados pola crise do mar Vermello. Os problemas no transporte marítimo están levando a moitas empresas a buscar alternativas para non quedar sen stocks. É o caso de Stellantis, a antiga Citroën. A marca xa está a fretar avións para distribuír pezas de vehículos entre as súas fábricas, como a de Vigo, e evitar así rupturas de aprovisionamento.

De momento, na planta viguesa confirman que non tiveron afectacións concretas por esta situación no mar Vermello, pero temen que, se se prolonga no tempo, poida xerar problemas na cadea de produción. Os desvíos dos grandes buques atrasan en máis de dez días os desprazamentos e aumentan os custos do transporte. Outras marcas xa advertiron de recortes na súa produción en Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade