Publicador de contidos
Publicador de contidos

Stellantis Vigo aproba un ERTE de 60 días e un ERE de 100 despedimentos

Stellantis Vigo aproba un ERTE de 60 días e un ERE de 100 despedimentos

O ERTE afecta todo o cadro de persoal con contrato indefinido

O ERE contempla a extinción incentivada para o persoal con 59 anos ou máis. Para os menores de 50 inclúe a suspensión de contrato con dereito de retorno

 

G24.gal 19/01/2023 14:25 Última actualización 19/01/2023 22:31

A comisión negociadora da parte social da factoría do grupo Stellantis en Vigo e a dirección da empresa acordan, tras dez de negociacións, un ERTE para un máximo de 60 días de suspensión a título individual e ampliables a outros 15 para o ano 2023, e  tamén un ERE para un máximo de 100 despedimentos.

O ERTE, que  conta co informe favorable de 8 dos 10 membros dos sindicatos (SIT-FSI e UXT), contempla a posibilidade de ser prorrogado en 2024, ata consumir o número máximo de xornadas, e aplicarase a todos os traballadores con contrato indefinido unha vez esgotada a adecuación de xornada e o saldo dispoñible na bolsa de horas.

O ERE, para un máximo de cen despedimentos, asinouse con informe favorable de 9 dos dez membros dos sindicatos (SIT-FSI, UXT e CCOO), coas condicións de acordos precedentes e dobre voluntariedade en que se inclúe tanto persoal mensual e cadro como a persoal horario.

O ERE contempla a extinción incentivada, 59 anos ou máis,  para as persoas próximas á idade de xubilación coas indemnizacións análogas ás previstas en anteriores expedientes; a extinción incentivada, menos de 59 anos, para desenvolver un proxecto individual e a extinción con dereito de retorno preferente, con posibilidade de reincorporación aos 36 meses e unha indemnización equivalente a 1,25 anualidades de salario anual bruto.

O acordo tamén inclúe medidas de suspensión do contrato de traballo que pedían os sindicatos. Inclúe a suspensión de contrato con dereito de retorno, para traballo noutra empresa ou nun proxecto persoal durante 12 ou 24 meses, e o permiso de longa duración para facilitar o tránsito cara á xubilación anticipada voluntaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade