Stellantis Vigo suspende a súa actividade no Sistema 1 dende o venres á noite ata o mércores
Stellantis Vigo suspende a súa actividade no Sistema 1 dende o venres á noite ata o mércores
A factoría viuse obrigada a parar a actividade por problemas de aprovisionamento
A factoría con sede en Vigo, Stellantis, vese de novo obrigada a parar a actividade do Sistema 1 debido aos problemas de aprovisionamento da planta, segundo informan dende a compañía.
Os contratempos cos provedores provocarán un paro nese sector, que se encarga de ensamblar o Peugeot 2008, o Peugeot 301 e o Citroën C-Elysée.
Este paro afectará á actividade da quenda de noite do venres día 15, as tres quedas do luns 18 e martes 19, así como tamén as quendas diúrnas do mércores 20.
A actividade neste sistema renovarase o vindeiro mércores día 20 ás 22:00 horas.
No relativo ao Sistema 2, o de furgonetas, a produción retomouse con normalidade despois de estar parada ata o martes, este día incluído, xa que non se ve afectado polos problemas de aprovisionamento do Sistema 1.
Dende o pasado venres ata a madrugada deste pasado mércores, a factoría do Grupo Stellantis en Vigo tivo suspendida toda a súa actividade, nos Sistemas 1 e 2, polos problemas de provisións.