Suíza completa os oitavos e irá pola parte do cadro de España
Suíza completa os oitavos e irá pola parte do cadro de España
Gañoulle por 3-2 a Serbia nun partido entretido e con alternativas
O Brasil gardou a boa parte dos seus titulares na derrota diante de Camerún (1-0)
A selección de suiza desfíxose de Serbia (3-2) e completa o cadro dos oitavos de final da Copa do Mundo. Suiza será o rival de Portugal e, no caso de pasar, cruzaríanse co gañador do España-Marrocos que se xogará o vindeiro martes.
Nun dos partidos máis entretidos do Mundial os suizos comezaron adiantándose co gol de Shaqiri. A Serbia só lle valía a vitoria e remontou cos tantos de Mitrovic e Vlahovic.
⚽ ¡Vlahovic lleva el gol en la sangre!
— Gol Mundial (@Gol) December 2, 2022
🔥 ¡¡Remonta #SRB que estaría clasificada para octavos!!#GolMundial pic.twitter.com/fJvROvgWP9
Pero Suíza aproveitou o seu momento e, cos goles de Embolo e Freuler, acabou asinando o pase como segunda do grupo.
O Brasil gardou a todos os titulares
A selección de Brasil non poñía nada en xogo diante de Camerún e Tite pensou en posteriores compromisos. Gardou a todos os titulares dun equipo castigado polas lesións. Vitoria de Camerún cun gol de Aboubakar no engadido que non lle valeu de nada aos africanos polo triunfo de Suiza.
🤯 ¡Marca Aboubakar y se va a la calle por doble amarilla después de quitarse la camiseta!#GolMundial pic.twitter.com/LGeyIGuoiT
— Gol Mundial (@Gol) December 2, 2022