Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sunak deixará de liderar os conservadores: "Síntoo por non cumprir co que merecían"

Sunak deixará de liderar os conservadores: "Síntoo por non cumprir co que merecían"

Na súa despedida como primeiro ministro británico subliñou que o pobo británico "enviou unha mensaxe clara: o Goberno debe cambiar"

Sunak deixará de encabezar o Partido Conservador cando elixan o seu sucesor

(Reuters/Phil Noble) (Reuters/Phil Noble)
G24.gal 05/07/2024 11:57 Última actualización 05/07/2024 14:31

O primeiro ministro británico Rishi Sunak anunciou este venres que dimitirá como líder do Partido Conservador unha vez que sexa elixido o novo sucesor, despois da forte derrota da súa formación nas eleccións do xoves no Reino Unido.

Nunha declaración ante a residencia oficial do número 10 de Downing Street, antes de presentar a renuncia como xefe do Goberno ao rei Carlos III, Sunak subliñou que o pobo británico "enviou unha mensaxe clara: o Goberno debe cambiar" e ao final é o "único xuízo que importa"

"Escoitei o enfado e a decepción. Síntoo por non cumprir co que merecían", afirmou Sunak, quen tamén dixo que se facía cargo como responsable.

Acompañado pola súa muller, Akshata Murty, Sunak tivo palabras de eloxio para o líder laborista, vencedor dos comicios, Keir Starmer, do que dixo: "É un político decente que respecto".

"Calquera que sexan os nosos desacordos", dixo Sunak, deséxalle o mellor a Starmer e a súa familia mentres fan "a gran transición ás súas novas vidas detrás desta porta".

"Aínda que foi o meu opoñente político, Keir Starmer pronto se converterá no noso primeiro ministro. Neste traballo, os seus éxitos serán todos os nosos éxitos, e deséxolle o mellor a el e á súa familia. Calquera que sexan os nosos desacordos nesta campaña, el é un home decente", ao que "respecto".

Tras a súa despedida, Sunak acudiu ao Palacio de Buckingham para presentar a súa dimisión como primeiro ministro ao rei Carlos III, como marca a tradición constitucional.

Tras abandonar por última vez a residencia do 10 de Downing Street como xefe do Goberno, Sunak, acompañado pola súa muller, acudiu ao palacio para a formalidade de rigor.

Despois desta audiencia, abandonou o palacio, sen ser visto polos medios, e estímase que volverá á súa circunscrición electoral no norte inglés.

O Partido Conservador sufriu unha derrota histórica ao perder máis de 240 escanos e quedar con apenas 119, menos do nivel máis baixo rexistrado por esa formación en 1906, cando sacou 156 escanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade