Publicador de contidos
Publicador de contidos

Superada nas últimas horas a situación de caos nas gasolineiras

Superada nas últimas horas a situación de caos nas gasolineiras

Pola tarde xa non houbo tantos atascos e ringleiras lentas 

En Galicia só deixaron de abrir dúas gasolineiras

O Goberno devolverá os cartos a partir da semana que vén

G24.gal 01/04/2022 21:58

Venres, comezos de mes e vinte céntimos de desconto no combustible. Reclamos abondos para que houbera máis afluencia da habitual nas gasolineiras. O problema é que as estacións de servizo non estaban aínda preparadas de todo para aplicar a bonificación.

Ringleiras máis lentas e numerosas que de costume, sobre todo nas caixas, onde se aplica o desconto na maior parte dos casos.

Dedicamos máis tempo a observar os prezos e o tícket. Iso supón traballo extra tamén para os empregados. As estacións máis pequenas decidiron aplicar directamente o desconto no surtidor. Tiveron problemas, iso si, coa emisión de facturas.

Dúas gasolineiras en Galicia non abriron por non poder facerlle fronte ao anticipo do desconto. Aínda así, o sector está máis tranquilo agora, porque xa teñen dispoñible o formulario na web da Axencia Tributaria. E o Goberno prometeu empezar a devolver os cartos a partir da próxima semana. A maioría de estacións galegas xa o solicitou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos