Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susana Rodríguez, nomeada ao Laureus, os premios Óscar do deporte

Susana Rodríguez, nomeada ao Laureus, os premios Óscar do deporte

O 2021 foi un ano inesquecible para Susana Rodríguez Gacio

Foi medalla de ouro nuns Xogos. Antes, recibiu o recoñecemento da revista 'Time'

G24.gal 02/02/2022 16:12

O 2021 foi un ano inesquecible para Susana Rodríguez Gacio. A viguesa cumpriu en Tokyo o soño de lograr unha medalla de ouro nuns Xogos. Antes, recibiu o recoñecemento de 'Time', unha das revistas máis prestixiosas do mundo, e máis adiante, outras identificacións, como a de viguesa distinguida.

Para culminar unha tempada tan redonda e inigualable, os premios Laureus, considerados os Óscar do deporte, nomeárona na categoría de mellor deportista con discapacidade.

 

Deste xeito, a Academia Laureus World Sport recoñece o ano tan excepcional da paratriatleta viguesa, vixente campioa do mundo. Para levar o galardón, Gacio competirá con Shingo Kunieda, Diede De Groot, Marcel Hug, Jetze Plat e Sarah Storey.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade