Publicador de contidos
Publicador de contidos

Taiwán acusa a China de simular a invasión da illa por mar e aire

Taiwán acusa a China de simular a invasión da illa por mar e aire

Varios barcos e avións chineses manobraron no estreito de Taiwán; algúns cruzaron a liña media divisoria, anunciou o Ministerio de Defensa

"Non hai xustificación para esta resposta militar extrema e desproporcionada", din os Estados Unidos sobre as ameazas tras a visita de Pelosi

Un militar chinés observa os exercizos militares Un militar chinés observa os exercizos militares
G24.gal 06/08/2022 17:51

Taiwán denuncia que o Exército da China realizou este sábado un simulacro de ataque á illa. O exercicio forma parte das manobras militares comezadas o xoves pola China en resposta á visita a Taipei da presidenta da cámara de representantes dos Estados Unidos, Nancy Pelosi.

Para o Goberno chinés a súa breve parada na illa, que funciona como un Estado de facto, e que Pequín considera una provincia rebelde, supón unha "flagrante intromisión na súa integridade territorial" e non dubidou en contestar, como advertiu desde semanas antes.

Os exercicios están programados ata o domingo. Varios barcos e avións chineses manobraron no estreito de Formosa e o ministerio de Defensa taiwanés informou de que 49 deles cruzaron a liña media divisoria, unha fronteira non oficial, pero que se respectaba de xeito tácito ata o de agora.

Asegura que se trata dun simulacro de ataque á illa principal. O Exército taiwanés emitiu unha advertencia, despregou forzas de patrulla e recoñecemento aéreo e barcos e puxo en espera mísiles en terra.

Taipei asegura que as manobras de guerra supoñen un bloqueo aéreo e marítimo da illa. Tamén denuncia a incursión de ata sete drons chineses sobre as illas Kinmen, controladas por Taiwán, malia estaren situadas a tan só 5 quilómetros da cidade chinesa de Xiamen.

 Na China os medios estatais seguen a publicar contido nacionalista relacionado coas manobras.

 A visita de Pelosi a Taiwán tamén marcou o cumio da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN) celebrada en Vietnam e que rematou sen grandes acordos coa participación de potencias como a China, os Estados Unidos, Rusia ou o Xapón. O secretario de Estado de EUA reiterou na xuntanza que o seu país lle deixou claro á China que non buscaba unha crise coa visita da política demócrata. "Non hai xustificación a esta resposta militar extrema e desproporcionada", dixo Blinken.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade