Tarde de amigables e de empates no fútbol galego
Tarde de amigables e de empates no fútbol galego
Arenteiro e Pontevedra xogaron en Barbantes cun golazo de Churre (1-1)
O Celta Fortuna e o Ourense C. F. igualaron en Barreiro
Os equipos galegos seguen a poñerse en forma para afrontar as primeiras xornadas do campionato. Aproveitaron a tarde do mércores para xogar dous amigables.
En Barreiro enfrontáronse o Celta Fortuna e o Ourense C. F. Malia a diferenza de categoría, viuse un partido equilibrado e que rematou con empate a un. Polo cadro ourensán marcou o centrocampista Facu Ballardo, ao rematar unha falta lateral. Empatou no segundo tempo Alfon para os vigueses, cun remate desde a frontal.
Tamén acabou con empate o partido que xogaron en Barbantes o Barbadás e o Pontevedra. Marcaron primeiro os do Carballiño cun gol dunha das súas fichaxes para esta temporada, o dianteiro Juan Delgado a pase de Tiago.
Empataría o Pontevedra co gol da tarde. Unha bolea espectacular do marinense Víctor Vázquez, Churre, que entrou pola mesma escuadra.