Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tarsi Aguado, calidade no pivote para o Arenteiro

Tarsi Aguado, calidade no pivote para o Arenteiro

O tudelán de 29 chega do Miedź Legnica da liga polaca

Ten experiencia en España na Cultural Leonesa, no Linense e en canteiras como a do Oviedo, a do Athletic e a do Zaragoza

Tarsi Aguado. Tarsi Aguado.
G24.gal 26/08/2024 21:39

Máis madeira para o centro do campo do Arenteiro. Tarsi Aguado chega ao Carballiño para reforzar ao equipo nos primeiros compases da Primeira Federación. Trala primeira derrota, o equipo ourensá moveu ficha e trouxo ao pivote tudelán.

Aguado comezou a xogar ao fútbol no filial do Zaragoza, para despois pasar ao do Athletic Club. Dende alí fixo traxectoria en España en equipos como o Oviedo Vetusta, o Linense ou a Cultural Leonesa. Despois, foi probar sorte a Polonia, para facer o seu regreso agora co Arenteiro.

Con Aguado, o Arenteiro suma unha das súas últimas incorporación coas que quere consolidar o seu proxecto tralas baixas que tivo neste mercado. A pasada tempada foi moi boa, e agora os do Carballiño teñen o reto de igualala ou mesmo mellorala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade