Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tecnoloxía e músculo para loitar contra os incendios, a calor pon en alerta o dispositivo

Tecnoloxía e músculo para loitar contra os incendios, a calor pon en alerta o dispositivo

A campaña de máximo risco de incendios comeza oficialmente o 1 de xullo, pero as condicións climatolóxicas avanzan a preocupación

G24.gal 13/06/2022 15:59

A escasos días de que comece a tempada de máximo risco de incendios, a Xunta asegura que todo está preparado. Os centros de coordinación con modernas tecnoloxías están funcionando. Tamén os servizos de emerxencia. E todos pendentes do tempo.

En Ourense preocupa e a calor destes días con temperaturas por riba dos 35 graos, algo que xunto co vento que zoa con bastante intensidade, sobre todo nas zonas máis altas, e que nesta provincia se converte nun cóctel perfecto para que comece a preocupación polos incendios forestais.

Hai cámaras vixiando todo o territorio e efectivos xa sobre o terreo. Pretenden ante calquera alarma poder actuar canto antes e do xeito máis coordinado posible. 

Cando no novo centro de coordinación de incendios que xa traballa en Ourense se recibe unha alerta, rapidamente localizan no mapa a súa localización. "Así podemos mandar os medios con maior precisión", explican desde a sala.

Esta é unha das provincias máis castigadas polos incendios forestais. Preto de 150 cámaras vixían o territorio en tempo real. "Os tempos de reacción diminuíron brutalmente nos últimos anos grazas a iso", aseguran.

Poden seguir a súa evolución e desprazar os medios dun xeito eficaz e totalmente coordinado.

As máis modernas tecnoloxías e máis de 7.000 efectivos no territorio, todo preparado cando quedan escasos días para que comece a temporada de máximo risco de incendios, prevista para o un de xullo. "Vixiando o territorio, non só para poder defendernos fronte aos incendios forestais senón tamén para advertir aos incendiarios de que no caso de que sexan detectados caerá sobre eles todo o peso da lei".

A principal preocupación, o tempo, seguimos con moita calor na provincia. O termómetro chegará este luns aos 36 graos en Ourense e na cunca do Miño. O vento tamén mantén en alerta os servizos de extinción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos