Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pesqueiros galegos usan a telemedicina para tratar mariñeiros en alta mar

Pesqueiros galegos usan a telemedicina para tratar mariñeiros en alta mar

Unha vintena de pesqueiros españois emprega este sistema pioneiro no mundo

Teñen liña directa cun hospital de Vigo 24 horas ao día

G24.gal 06/03/2023 20:16 Última actualización 06/03/2023 20:42

O avance das novas tecnoloxías permite mellorar a asistencia sanitaria nos buques pesqueiros. Grazas a un proxecto de telemedicina pioneiro no mundo, unha vintena de barcos españois contan con liña directa cun hospital.

Levan un maletín que lles permite contacto directo cun hospital de Vigo.

É o primiero sistema deste tipo en barcos civís. Idoya Sanluís, Xefa do Servizo de Urxencias Vithas Vigo e responsable asistencial do proxecto de telemedicina, explica que non é unha chamada normal.

"É unha videoconsulta cunha serie de dispositivos que nos facilita facer unha exploración. Podemos explorar o ollo, os oídos, levan un dermatoscopio, unha cámara de exploración xeral ou podemos facer un electro e rexistrar a tensión arterial, a frecuencia cardíaca ou a saturación de osíxeno".

Os tripulantes reciben formación para familiarizarse co sistema. Hai case un ano que comezou a funcionar este proxecto. Neste tempo atenderon ducias de incidencias, a máis grave, un infarto.

"Tíñamos unha imaxe de anxioplastia urxente. Cando nos dixeron que estaban a oito horas de terra houbo que facer unha monitorización e tratamento continuado durante ese tempo e administrar a medicación en función das arritmias", lembra Sanluís.

Na atención tamén participou o cardiólogo Juan Sterling Duarte, que destaca a importancia de ter datos do paciente:

"Poderiamos pensar que era unha dor muscular cando era parada cardíaca. Este paciente mesmo fixo arritmias, pero visualizado por nós dende aquí demos as indicacións precisas".

Os barcos que contan con este novo sistema de telemedicina levan un maletín de primeiros auxilios máis amplo, con fármacos que están pautados por un especialista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos