Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeiro encontro tenso entre os EUA e a China tras a crise dos globos espía

Primeiro encontro tenso entre os EUA e a China tras a crise dos globos espía

Antony Blinken reuniuse con Wang Yi no marco da Conferencia de Seguridade de Múnic

O mandatario chinés cualificou a derruba do globo dunha "reacción absurda e histérica"

O secretario de Estado estadounidense advertiulle que "non debe volver pasar"

G24.gal 19/02/2023 08:16 Última actualización 19/02/2023 18:23

O secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, mantivo por primeira vez este sábado unha xuntanza en persoa cun alto cargo chinés para tratar a crise desatada entre ambos os dous países pola crise dos globos espía.

Blinken indicou en Twitter que se reuniu, no marco da Conferencia de Seguridade de Múnic, con Wang Yi, director da Oficina da Comisión de Asuntos Exteriores do Partido Comunista da China (PCCh).

"Condenei a incursión do globo de vixilancia da República Popular China e subliñei que non debe volver pasar. Advertín a China contra a subministración de material de axuda a Rusia e tamén salientei a importancia de manter abertas liñas de comunicación", sinalou.

Pola súa banda, Wang Yi criticou duramente os Estados Unidos, cualificando de "reacción absurda e histérica" a decisión de Washington de derribar o globo que sobrevoou o territorio americano o día 4 deste mes.

Achegamento á UE

Mentres, o alto cargo chinés tentaba achegar posturas con Europa. Nun encontro co alto representante da UE para a Política Exterior, Josep Borrell, pedía máis cooperación para "inxectarlle estabilidade ao mundo".

Segundo informou nun comunicado o seu gabinete, transmitiulle ao mandatario europeo que a China e a UE deben ser "socios e non rivais", e que "os consensos superan cumpridamente as diferenzas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade