Terceira derrota dun Compostela que non acaba de arrincar (0-2)
Terceira derrota dun Compostela que non acaba de arrincar (0-2)
O Langreo levou os puntos do Vero Boquete diante dun equipo santiagués moi desacertado en ataque
O Compostela perdeu diante do Langreo (0-2) e só foi quen de sumar un punto nas catro primeiras xornadas. O equipo de Antón Permuy repetiu erros defensivos dos anteriores partidos e estivo moi desacertado contra a portería contraria.
Aos 14 minutos chegou o primeiro golpe co tanto de Vanderson. Dominou o Compostela pero non foi quen de aproveitar ningunha das ocasións. Santi de Prado gozou dunha clarísima nada máis comezar a segunda metade, pero o que chegou foi o segundo do Langreo nunha bonita xogada culminada por Pablo Álvarez.
De aí ao final o cadro santiagués tentouno de todos os xeitos metendo os cinco trocos e realizando infinidade de centros e remates sobre a porta de Adrián Torre. Ningunha rematou no fondo da rede.