Cargando resultados...
Punto de fe do Compostela ante o Pontevedra (2-2)
Punto de fe do Compostela ante o Pontevedra (2-2)
Dalisson e Rufo adiantaron ao cadro pontevedrés, que foi moi superior a primeira hora de partido
Giuliano e Manu Rivas, no 96, marcaron os goles do empate
G24.gal
08/09/2024 19:07
Compostela e Pontevedra empataron nun derbi espectacular xogado no Vero Boquete. O conxunto pontevedrés foi moi superior durante setenta minutos. Marcaron Dalisson e Rufo no primeiro tempo e os de Iago Iglesias gozaron de ocasións dabondo para aumentar a vantaxe.
Pero non sentenciou o cadro visitante e o Compostela meteuse no partido con moita fe e carraxe. No 76 Giuliano Bertino realizou unha gran manobra na área e na última xogada do partido (minuto 95) Manu Rivas conseguía o gol do empate cando o seu conxunto estaba en inferioridade.