Publicador de contidos
Publicador de contidos

Terceira vitoria seguida do Cangas e quinta derrota do Cisne

Terceira vitoria seguida do Cangas e quinta derrota do Cisne

Os do Morrazo gañaron na pista do Sinfín (28-33)

O Cisne perdeu en Pontevedra ante o Torrelavega (31-35)

G24.gal 16/11/2022 07:38

Os dous equipos galegos da Asobal pasan por momentos ben diferentes. O Cangas Frigoríficos do Morrazo encadeou a terceira vitoria consecutiva, que lle permite escalar ata o décimo posto da clasificación e establecer unha pequena marxe cos postos de perigo. 

O triunfo na pista dun rival directo (28-33) conseguiuse grazas a un gran segundo tempo. Contra o final da primeira metade, as cousas non ían ben para os de Cangas, que perdían por catro goles de diferenza (16-12). Pero no reinicio xogaron o seu mellor balonmán, conseguiron igualar o partido e acabaron levando a vitoria. Con empate a 22 conseguiron un parcial de 0-3 e xa non deixaron escapar esa marxe. 

O Cisne, pola súa parte, perdeu o quinto encontro consecutivo diante dun dos equipos máis en forma da Asobal, o Torrelavega (31-35). Os galegos refixéronse dun mal inicio (2-6) e mantiveron o partido igualado ata o comezo da segunda metade. Un parcial de 0-6 (do 22-24 ao 22-30) sentenciou o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar