Terceira xornada de música, gastronomía e natureza no Portamérica en Caldas de Reis
Terceira xornada de música, gastronomía e natureza no Portamérica en Caldas de Reis
Música pero tamén gastronomía e natureza combínanse no Festival Portamérica. Este sábado, terceiro día de festa na Azucreira de Portas, en Caldas de Reis.
E cun cartel de luxo con Mikel Erentxun, exvocalista de Duncan Dhu con máis de 30 anos de traxectoria, que fixo bailar os asistentes moitos temas que sen dúbida eran bandas sonoras das súas vidas.
E o madrileño Depedro co seu último disco, Máquina de Piedad, o seu traballo máis íntimo e un canto á esperanza.
Pero hai outros grandes artistas de renome como Xoel López, ou Naty Peluso con 40 concertos programados nesta décima edición do Portamérica na carballeira de Caldas.
A música é a alma do festival pero tamén se goza de espectáculos de cociña en directo da man de 38 chefs internacionais, nacionais e galegos coas súas propostas culinarias e un mercado de talentos.
As ganas de festa sobran e a festa continúa pola noite e o domingo cunha sesión vermú especial e de balde para todo o público.