Publicador de contidos
Publicador de contidos

Música para curar doenzas cerebrais: unha investigación pioneira feita desde Galicia

Música para curar doenzas cerebrais: unha investigación pioneira feita desde Galicia

Pretende localizar os mecanismos moleculares que poden ser terapéuticos para tratar enfermidades como o alzhéimer, a demencia ou o dano cerebral

Científicos liderados polos doutores Martinón e Salas xa demostraron que a música deixa pegada en máis de 1.000 xenes, moitos relacionados co sistema inmune

G24.gal 27/09/2024 21:14 Última actualización 27/09/2024 21:38

O terceiro concerto experimental de Sensoxenoma recolleu bágoas e mesmo os arrepíos do público para estudar a influencia da música nos xenes. Unha investigación pioneira no mundo que pode axudar en tratamentos terapéuticos para doenzas como o alzhéimer ou o dano cerebral.

A música fainos sentir unha chea de emocións: ledicia, tristura, ansiedade, nostalxia, relaxación, medo, enfado... Uns sentimentos que analiza o proxecto Sensoxenoma a través de probas realizadas en diversos concertos, como este da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia. 

Cos anteriores concertos, científicos do IDIS liderados polos doutores Martinón e Salas demostraron que a música deixa pegada en máis de 1.000 xenes, moitos relacionados co noso sistema inmune.

Estudan as bágoas, a saliva, o patrón sanguíneo, o ritmo cardíaco ou a presión arterial. Van engadindo novos elementos de análise recollendo mostras antes, durante e despois do concerto.

Unha investigación pioneira no mundo e feita en Galicia que, a longo prazo, pretende iluminar os mecanismos moleculares que poden ser terapéuticos para tratar enfermidades como o alzhéimer, a demencia ou o dano cerebral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade