Tere Abelleira, na carreira polos Xogos Olímpicos
Tere Abelleira, na carreira polos Xogos Olímpicos
Tere entra na lista de 26, pero na lista dos xogos só entrarán 18
A pontevedresa Tere Abelleira segue contando para a adestradora da selección feminina Montse Tomé. A mediocampista do Real Madrid estará nos partidos de clasificación para a Eurocopa contra República Checa e Bélxica, este último partido en terras galegas, na Coruña, o 16 de xullo. Tere vén sendo habitual nas convocatorias da selección feminina absoluta nos últimos tempos, pero a lista dos xogos olímpicos é moi diferente ás listas do resto dos torneos.
A maioría das convocatorias soen ser de entre 23 e 26 xogadoras, en cambio os xogos olímpicos só permiten unha convocatoria de 18 máis 4 reservas. A lista definitiva para os xogos darase o vindeiro 3 de xullo, dúas semanas antes dos partidos de clasificación, polo que haberá pouco tempo para que a seleccionadora vexa o estado de forma das súas xogadoras. Malia todo Montse Tomé afirma que o traballo leva facéndose ao longo de todo o ano, e que está case todo decidido para esa lista en que Tere contará cunha nova rival.
Patri Guijarro volve á selección case dous anos despois
Vinte e un meses despois de abandonar a selección, a centrocampista do Fútbol Club Barcelona regresa ao combinado nacional tras os acercamentos da nova federación coas xogadores que decidiron dar un paso ao lado. Tanto a federación como a propia Montse Tomé tiveron contactos para a volta dunha das mellores xogadoras do mundo e que pode ser a xogadora que deixe fóra a galega Tere Abelleira