Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tesla presenta a nivel mundial os seus taxis sen condutor

Tesla presenta a nivel mundial os seus taxis sen condutor

Conducido por un softwate, sen chofer, sen volante e ata sen pedal de freo. Así é, segundo Elon Musk, o taxi do futuro

Este tipo de coches circulan hai tempo por cidades dos EUA ou A China

G24.gal 10/10/2024 16:26 Última actualización 10/10/2024 17:14

Grande expectación mundial a desatada por Elon Musk, que hoxe prepara a posta de longo do seu robotaxi. O chamado Cypercab chega con anos de atraso, xa que este tipo de coches circulan hai tempo por cidades dos EUA ou A China. 

Un señor pola rúa dinos que cre que ten pouco futuro, porque hai bastantes accidentes.

En España hai 60.000 taxistas e uns 17.000 VTC. Din que o robotaxi non é unha ameaza.

O presidente de Autotaxi Santiago, Jesús Gómez, cre que non é unha ameaza porque aínda está moi verde e de feito non está permitido en España.

Conducido por un software, sen chofer, sen volante e ata sen pedal de freo. Así é, segundo Elon Musk, o taxi do futuro, moito máis barato que o convencional. Na rúa tanta innovación esperta receos.

As aplicacións robóticas están cada vez máis presentes. Robots camareiros, recepcionistas ou asistentes sanitarios coma este, presente xa en residencias de maiores.

Ignacio Novo, coordinador da Unidade HADO do Clínico de Santiago, di que esta nova ferramenta permite visitar a distancia aos pacientes e que faga un filtro entre os que precisan visita ou non.

Está por ver se tanta innovación acaba reemprazando man de obra ou se o factor humano gañará a contenda. Polo de pronto, as accións de Tesla subiron un 43 % nos últimos seis meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade