Publicador de contidos
Publicador de contidos

The Rapants grava no porto de Muros o primeiro videoclip do seu próximo disco

The Rapants grava no porto de Muros o primeiro videoclip do seu próximo disco

The Rapants formouse como banda en 2018 e este ano publicaron o seu primeiro disco, "O corasón como un after"

"Blaster waiting for you" é o título da canción do videoclip, no que recrean un enterro cun final sorprendente

Na gravación do videoclip colaboraron máis de 400 persoas

G24.gal 23/12/2023 17:16 Última actualización 23/12/2023 17:59

En Muros estaban este sábado de loito. A misa polo defunto era cantada, pero nunca ata hoxe se tocara rock and roll nun enterro.

“Hoxe por desgraza morreunos unha persoa. Por cousas divinas que poden ocorrer, a ver se temos unha resurrección”.

A banda local The Rapants gravaba o primeiro videoclip do seu segundo disco, que vai saír o próximo ano. O defunto era un mariñeiro da vila interpretado por un dos guitarristas do grupo.

“Morrer morrín eu, pero xa estou outra vez vivo. A idea é simular un enterro dun mariñeiro aquí no peirao de Muros, xa que os defuntos do mar son parte da nosa cultura, da cultura mariñeira”, aegura Xanma, guitarrista e voz de The Rapants

“ É un videoclip case documental, pero dámoslle unha maneira máis alegre de ver unha desgraza”, explica Samuel “Rapante”, guitarrista e voz de The Rapants 

O enterro estivo moi concorrido, porque nos días previos tocaran a morto nas redes socias.

“Gústanme moito, é o meu segundo grupo favorito, e sempre estou atenta a todo o que fan, non podía faltar. É a única ocasión do ano en que vou poñer vestido, así que xa mo poden agradecer”, asegura unha fan do grupo.

E así foi. The Rapants, os catro rapantes de Muros, despediron a cerimonia agradecéndolles aos asistentes a súa presenza no enterro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar