Recital en homenaxe a Teresa Beganza no auditorio de Abanca
Recital en homenaxe a Teresa Beganza no auditorio de Abanca
Será a súa filla, a mezzosoprano Cecila Lavilla a que volva a interpretar Cancións Xacobeas que a propia Berganza estreara no ano 93
É unha das actividades complementarias á exposición sobre Teresa Berganza e o seu gardarroupa organizada por Abanca
Cancións xacobeas é unha peza creada a partir dos textos literarios de varios autores galegos. O recital de hoxe leva por nome 'Cántame no peito' e será no Auditorio Abanca.
É unha das actividades complementarias á exposición sobre Teresa Berganza e o seu gardarroupa que se pode ver desde o 12 de xuño en Santiago, organizada por Abanca.
Deste xeito, esta noite volverán soar as Cancións xacobeas que Teresa Berganza interpretou no Auditorio de Galicia no ano 93. Eso sí, nesta ocasión serán na voz lírica da súa filla, Cecilia Lavilla.