Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tina Turner será despedida nun funeral privado con familiares e cos amigos máis íntimos

Tina Turner será despedida nun funeral privado con familiares e cos amigos máis íntimos

A raíña do rock deu dous concertos na Coruña no ano 1990, nas festas do Rosario

G24.gal 25/05/2023 21:41 Última actualización 25/05/2023 21:47

Era o 1 de outubro de 1990. Celebrábanse as festas do Rosario na Coruña. Nun Pazo dos Deportes ateigado aparecía no escenario a mesmísina Tina Turner. 

Cheo absoluto, malia as 4.000 pesetas que custaba a entrada. Tanto, que houbo que programar outro concerto para o día seguinte. Din as crónicas da época que había menos xente, pero que fixo mellor actuación...

Seguro que a moitos lles veu á memoria cando saltou a noticia do seu falecemento. Tina Turner foise aos 83 anos, despois de pasar por un cancro e un transplante, retirada da vida pública nesta mansión en Suíza. 

É difícil atopar na historia do rock unha artista con tanta forza, tan popular e cunha vida tan desgraciada. Ela mesma falaba nas súas memorias dunha infancia infeliz, dun matrimonio violento, da ruína económica e da morte prematura dos seus dous fillos, que se foron moito antes que ela.

No musical, unha lenda. 

Icónica pola súa voz e polos seus bailes, Tina acumulou 8 grammys e 200 millóns de discos vendidos nunha carreira artística de 54 anos, á que puña fin cunha xira de despedida en 2009.

O seu funeral será sinxelo e privado, unha cerimonia da que non se desvelaron nin lugar nin data e ao que só asistirán a famllia e os amigos máis íntimos. 

Pero o seu adeus é planetario. O mundo despide a raíña do rock and roll.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade