Todo preparado en Galicia para o acendido das fogueiras de San Xoán
Todo preparado en Galicia para o acendido das fogueiras de San Xoán
Unhas 100.000 persoas participarán nunha festa declarada de interese turístico
650 persoas velarán pola seguridade e haberá tamén varios puntos violeta
A noite do 23 de xuño é un dos momentos máis agardados na Coruña. Para algúns xa comezou a véspera cando se achegaron a Riazor ou Orzán para facerse cunha parcela onde gozarán das fogueiras e as sardiñadas, ou as churrascadas que semella que comezan a gañar terreo.
"Pasamos a noite na praia desde onte as seis da tarde". Outros optaron por madrugar e tiveron sorte. "Chegamos ás oito e colleron sitio en Riazor, Orzán estaban chea". "Non hai sitio tiñamos que vir onte".
Milleiros de persoas, unhas 100.000 segundo as previsións da policía, encherán os areais para darlle a benvida ao verán nunha festa declarada de Interese turístico internacional.
"Vimos de Londres, é a primeira vez, meus pais eran galegos". "Vimos de Asturias". "É a mellor festa de toda España polas fogueiras a churrascada e o ambiente".
O acendido das fogueiras comezará ás sete da tarde e pouco antes da medianoite haberá fogos artificiais e a queima da falla instalada en Riazor. Un dispositivo integrado por 650 persoas e con varios puntos violeta velará por que a festa se desenvolva sen incidentes.
"Andar con tino ter en conta que é noite e estamos rodeados de lume e hai consumo de alcol" son as recomendacións de Inés Amor, voceira da Policía Nacional.