Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberadas as catro persoas tomadas como reféns nun pub dos Países Baixos

Liberadas as catro persoas tomadas como reféns nun pub dos Países Baixos

A policía detivo o suposto autor do secuestro e, polo momento, descarta calquera "vinculación terrorista"

Un momento da detención do sospeitoso (Reuters) Un momento da detención do sospeitoso (Reuters)
G24.gal 30/03/2024 11:58 Última actualización 30/03/2024 13:49

A policía dos Países Baixos confirmou a liberación das catro persoas que foran tomadas como reféns este sábado nun pub da cidade de Ede. Ademais, detivo o sospeitoso do secuestro.

Segundo as forzas de seguridade neerlandesas, nun primeiro momento quedara ceibe un grupo de tres e, unha hora máis tarde, o cuarto e último refén.

As autoridades descartaron "polo momento" que calquera motivación terrorista detrás deste incidente, pero tampouco deron ningún outro detalle sobre as razóns do secuestro.

A toma de reféns tivo lugar no pub Petticoat, un popular bar de copas que abre de madrugada na localidade de Ede, situada no centro dos Países Baixos.

A policía despregou unidades especializadas arredor do local, acordoou as inmediacións do lugar e desaloxou unhas 150 vivendas da contorna.

De acordo coa radiotelevisión pública NOS, agora están a investigar para esclarecer o ocorrido e manteñen o cordón policial nas inmediacións do pub.

Axentes da Policía na contorna do local (Reuters) Axentes da Policía na contorna do local (Reuters)
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade