Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traba e Castro: "Os derbis de agora entre Deportivo e Racing son un paseo"

Traba e Castro: "Os derbis de agora entre Deportivo e Racing son un paseo"

Confrontamos dous xogadores históricos de Dépor e Racing antes do derbi ártabro

G24.gal 03/03/2022 15:43

Pola Zona mixta da Radio Galega pasaron Alfonso Castro, xogador máis novo en debutar co Racing de Ferrol, e Xosé Manuel Traba; ambos compartiron vestiario no Deportivo e derbis entre os equipos que se enfrontan esta fin de semana

Un Traba tímido que aprendeu dun mestre firme

Contounos Castro que Traba cando chegou ao vestiario do Deportivo era un rapaz de poucas palabras e apoucado.

Traba: "Aprendín moitísimo de Castro, que era unha figura daquela no fútbol. Ensinoume no deportivo e a crecer como persoa tamén, eu era moi calado".

Castro: "Púxenlle de alcume Trevor, por Trevor Francis, un xogador británico daquela, co que tiña parecido e non só en como soaba o nome".

Traba: "Era un xogador que ía moi ben de cabeza a pesar de ser pequeno".

Castro: "Dicíanme que me asemellaba a Beci, co que non cheguei a xogar, pero ao que coñecín e co que gardo unha moi boa relación".

Pensan que haberá empate este sábado en Riazor

Alfonso Castro: "Creo que o Deportivo foi á Malata con algo de medo, non mereceu o empate. Por cadro de xogadores, o Dépor é superior. En Riazor penso nun empate a ceros ou un 0-1 para o Racing"

Traba: "O Deportivo non está pasando o seu mellor momento. Pode haber calquera resultado, pero debería gañar o Dépor" 

Alfonso Castro, na súa época como xogador do Deportivo Alfonso Castro, na súa época como xogador do Deportivo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade