Instálase unha empresa de transfrormación de pescada fresca en Cedeira
Instálase unha empresa de transfrormación de pescada fresca en Cedeira
Despezamento e envasado do produto dende Cedeira
Crearán preto dunha vintena de empregos
A marca DoNorte reloce nas peixerías distinguindo a pescada capturada nas nosas costas. Pesca artesanal e de proximidade, sinónimo de calidade e garantía de frescura. Esta pescada será a protagonista dunha nova empresa especializada en corte que procesará o produto en Cedeira. Realizarán despezamentos e envasado para comercializalo por toda España.
O proxecto arrancará nunha nave de máis de 800 metros cadrados nuns meses. O obxectivo do procesamento da pescada busca adaptar o produto ao consumo actual, en que se buscan pezas concretas xa listas para cociñar.
Nunha primeira fase estiman crear preto dunha vintena de empregos e procesar entre 10 e 20 toneladas diarias de pescada fresca.