Publicador de contidos
Publicador de contidos

Transportes encarga unha auditoria pola compra de máscaras do caso Koldo

Transportes encarga unha auditoria pola compra de máscaras do caso Koldo

Óscar Puente defende que os contratos adxudicados por dúas empresas dependentes do Ministerio xa foron auditados polo Tribunal de Contas

G24.gal 27/02/2024 19:23 Última actualización 27/02/2024 19:46

Dúas empresas dependentes do Ministerio de Transportes, Adif e Portos do Estado, adxudicaron uns contratos para a compra de mascaras á empresa involucrada na suposta trama do caso Koldo. Óscar Puente, ministro de Transportes, ordena a posta en marcha dunha auditoría para aclarar todos os contratos tramitados dende ese organismo.

Puente defende que os contratos de Adif e Portos do Estado xa foron auditados polo Tribunal de Contas e que polas mascaras se pagou un prezo máis baixo ca o de calquera outra administración. Aínda así, pretende que non quede marxe para a dúbida.

A auditoría encargáronlla á Inspección Xeral de Servizos, un órgano do que Puente dixo que goza de neutralidade e independencia. O ministro de Transportes non pasou por alto a situación do seu antecesor no cargo José Luis Ábalos. Cualifícaa de magoante e lembrou que non está acusado de corrupción.

Puente lamentou que Ábalos non seguise o camiño de Josep Borrell, cando no 2000 renunciou a ser candidato á Presidencia do Goberno tras as irregularidades cometidas por dous asesores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade