Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tras o Mundial, regresa a Liga Asobal para o Cisne e o Cangas

Tras o Mundial, regresa a Liga Asobal para o Cisne e o Cangas

O Cangas Frigoríficos do Morrazo xoga en Puente Genil e o Cisne Los Sauces, en Pontevedra co Anaitasuna do pontevedrés Quique Domínguez

G24.gal 02/02/2023 16:16 Última actualización 02/02/2023 16:29

Volve a Liga Asobal. O Cangas Frigoríficos do Morrazo xoga en Puente Genil e o Cisne Los Sauces, en Pontevedra co Anaitasuna do pontevedrés Quique Domínguez.

Tiñamos no mundial de balonmán o galego estadounidense Alex Chan e o caboverdiano Gualther Furtado. Xogan no Cisne. O uruguaio do Frigoríficos do Morrazo Gaby Chaparro tamén xogou o Mundial. Volveron os 3 para comezar a segunda volta da liga. A zona baixa está apretada con cinco equipos, entre eles os dous galegos, separados só por cinco puntos.

Alex Chan segue a ser o máximo goleador da Liga con cen tantos. Rematou a primeira volta cunha media de case 7 goles por partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar