Trashorras: "Os retos difíciles son onde se ven as persoas, os adestradores e os xogadores"
O director deportivo, David Peláez, asume as súas responsabilidades nas malas decisións
O Lugo comunicou o despedimento do adestrador portugués Paulo Alves, e fíxoo despois de gañar en Teruel e de que o equipo sumara dúas vitorias e dous empates nos últimos catro partidos en que comezaba a remontar o voo.
O seu substituto é Roberto Trashorras, presentado esta mañá.
"Os retos difíciles son onde se ven as persoas, os adestradores e os xogadores".
"É un reto ilusionante. Estou convencidísimo de sacarlle o máximo rendemento ao equipo. Se somos capaces diso, iremos cara a arriba".
Trashorras é un adestrador da confianza de Tino Saqués. Deulle a alternativa no equipo xuvenil e logo pasouno ao Polvorín cando o equipo subiu de categoría.
"O domingo temos o contacto, falamos longamente. Puiden observar a súa satisfacción, o recoñecemento ao seu traballo e a súa convicción".
Trashorras é o terceiro adestrador da temporada tras as destitucións de Munitis e de Alves. O director deportivo, David Peláez, asume as súas responsabilidades nas malas decisións.
"Fago autocrítica. Fago cousas ben e cousas mal. Equivoqueime".
Trashorras dirixiu o seu primeiro adestramento no Ceao.