Trece persoas acusadas de comercializar unhas 270 toneladas de conxelados non aptos para o consumo
Trece persoas acusadas de comercializar unhas 270 toneladas de conxelados non aptos para o consumo
A todos se lles investiga polos delitos de estafa, falsidade documental e contra a saúde pública
A investigación foi realizada por axentes da Unidade de Protección da Natureza (Uprona) da Garda Civil de Pontevedra
A investigacion iniciouse tras a denuncia interposta por coñecida cadea de supermercados
Trece persoas están a ser investigadas pola Garda Civil por tratar de comercializar unhas 270 toneladas de produtos do mar que estaban conxelados e que foran retirados do mercado ao non ser aptos para o consumo humano.
A todos os implicados nesta trama investígaselles polos delitos de estafa, falsidade documental e contra a saúde pública, segundo informou o instituto armado.
A investigación realizada por axentes da Unidade de Protección da Natureza (Uprona) da Garda Civil de Pontevedra, comezou tras a denuncia interposta polos servizos xurídicos dunha coñecida cadea de supermercados.
Na denuncia, o propio supermercado, alertaba da reintroducción no mercado de produtos do mar conxelados que foran dados de baixa para o consumo humano, tras a un accidente de tráfico que comprometeu a cadea de frío da mercadoría.
As investigacins centráronse na localización dos productos roubados pola empresa loxística utilizada pola propia cadea de supermercados.
Os axentes localizadaron parte da mercadoría en Madrid e Pontevedra e fiscalizaron cinco instalacións de almacenamento de frío na provincia de Pontevedra.
Coa colaboración dos inspectores de riscos ambientais do Servizo Galego de Saúde, as autoridades inmobilizaron partidas de peixe, marisco e cefalópodos, ademais de identificar outras irregularidades en produtos que non estaban relacionados coa denuncia inicial.
Os investigadores atoparon que moitos dos lotes intervidos foran manipulados para modificar a súa rastrexabilidade e poder así ser reintroducirlos na cadea de consumo, a pesar de perder os seus requirimentos sanitarios.
Nas instalacións da empresa loxística denunciada detectáronse mercadorías sen rastrexabilidade, moitas delas con datas de consumo preferente caducadas e procedentes de sinistros declarados a diversas compañías aseguradoras.
Inmobilizadas 128 toneladas adicionais de produtos conxelados
Os axentes da Garda Civil, ademais, realizáron inspeccións coordinadas cos servizos de saúde pública de Galicia e Valencia que permitiron inmobilizar 128 toneladas adicionais de produtos conxelados, que presentaban irregularidades graves, tales como etiquetaxe falsificada, mala conservación e falta de declaración de alérgenos.
As actuacións culminaron cunha orde de entrada e rexistro nun establecemento elaborador en Valencia, onde se incautaron 120 toneladas de produtos conxelados e recolleuse valiosa documentación que permitiu avanzar na investigación.
A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición decretou tres alertas sanitarias relacionadas coa falta de rastrexabilidade e reetiquetado incorrecto nestes produtos, coa presenza de sulfitos non declarados e coa súa comercialización tras romper a cadea de frío.
A investigación continúa aberta e estanse levando a cabo acciones para garantir a seguridade alimentaria e protexer ao consumidor, dado o risco que representa a comercialización destes produtos en distintos establecementos de España, Alemaña e Países Baixos.