Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia, con boas previsións para Noitevella, consolídase como destino turístico

Galicia, con boas previsións para Noitevella, consolídase como destino turístico

Vigo como principal referente e tamén Santiago presentan cifras elevadas de ocupación en hoteis e outros aloxamentos

 

 

G24.gal 28/12/2024 16:38 Última actualización 28/12/2024 18:15

Fin de ano. Peche dun ciclo vital e apertura a un tempo de novos propósitos, que moita xente vive de viaxe, fóra dos seus fogares. As previsións de ocupación hoteleira son optimistas e para iso axudan os prezos.

"De prezos está moi ben. O hotel que escollemos está moi ben. Comparado co que temos nas illas está moito mellor", conta unha parella chegada das Baleares,

Na zona vella de Santiago a ocupación hoteleira está entre o 80 e o 100 %, non así en zonas menos céntricas. Compostela ten un atractivo atemporal.

"A ocupación moi boa, temos para a fin de ano un 95% do paquete vendido. Componse de dúas noites cunha cea de gala o día 31", explica Alberto Pereira, subdirector do Hostal dos Reis Católicos.

"Cómese moi ben e ademais encántanos a pedra. Alí non estamos acostumadas á pedra e gústanos moito", é a opinión dunha sevillana.

"Tiramos sempre para o País Vasco, máis ou menos, e por cambiar... Quedamos na Coruña e Santiago", refire un home procedente de Valladolid.

"Viñemos ver Santiago e tamén as luces de Vigo, que tan famosas son", sinala como obxectivos prioritarios unha familia chegada de Granada.

As luces de Vigo son un referente consubstancial ao Nadal. Na cidade olívica, a ocupación hoteleira está sobre o 90 % e non decaerá nos próximos días.

"Estivemos en Vigo vendo as luces, que iso era o que nos chamaba máis a atención".

"Tentamos facer todos os anos unha viaxe no Nadal para descubrir parte de España coas luces de Nadal e entón, este ano, decidimos Vigo".

Entre os viaxeiros que se podían encontrar hoxe na praza do Obradoiro, non faltan os que fan traxectos singulares, como no caso dun grupo de México:

"Chegamos por Lisboa e fomos ver a virxe de Fátima, viñemos a Santiago de Compostela e a fin de ano estaremos coa virxe de Lourdes".

Galicia, estación de paso ou de destino nestas festas. O relevante é que o turismo desestacionalizado está a consolidarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade