Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xente enche os mercados galegos á procura de peixe e marisco para Noitevella

A xente enche os mercados galegos á procura de peixe e marisco para Noitevella

Moita clientela pensa na calidade antes que no prezo

En contra das indicacións de consumo, moita xente prefire mercar a última hora
G24.gal 28/12/2024 14:02 Última actualización 28/12/2024 14:47

En contra dos consellos habituais das asociacións de consumidores, moita xente prefire agardar ao último momento para mercar os produtos que van consumir nas ceas de fin de ano.

Ocorre sobre todo en anos coma este, cando os prezos non se disparan, segundo puidemos comprobar este sábado en mercados coma os da Coruña ou o do Grove. 

Peixe e marisco, os preferidos

Peixes como a pescada do pincho ou o linguado, e mariscos como a centola ou as cigalas, son os preferidos da clientela destas datas, que tratan de esquecer todo o que poden o prezo e pensar na calidade e no pracer de consumir estes manxares.

"Un día é un día"

A maior parte coincide en que o peixe e o marisco de calidade son caros, pero todos, ou case todos, rematan mercando na medida das súas posibilidades... porque "un día é un día" e a celebración de fin de ano ben merece o gasto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade