Tres delincuentes habituais foron detidos en Carballo acusados de numerosos roubos
Tres delincuentes habituais foron detidos en Carballo acusados de numerosos roubos
Un deles, o Chepas, mesmo agrediu unha patrulla da Garda Civil co tronco dunha árbore
A detención do Chepas produciuse nesta céntrica rúa de Carballo. Intentou fuxir dos axentes, pero apresárono rapidamente.
Pouco despois entregouse unha moza coñecida como a Patola, coa que supostamente ten unha relación sentimental. E un pouco máis tarde, o terceiro detido, natural da Laracha.
Todos foron interrogados pola súa conexión coa vaga de roubos en comercios e tamén nun centro educativo nas pasadas semanas.
Todos teñen antecedentes policiais e algún causas pendentes, por iso varios veciños, que están fartos desta situación, quéixanse da súa impunidade e de que a xustiza non está a garantir a seguridade.
Precisamente, pola súa traxectoria, dende o principio a Garda Civil actuou na zona do monte do Carme. Alí foi onde foron agredidos co tronco dunha árbore presuntamente polo Chepas, cando rexistrando un turismo atoparon varios obxectos relacionados cos seus roubos, dende galiñas ata bombonas de butano.