Tres investigados pola morte de 17 maiores nunha residencia do Barco de Valdeorras
Tres investigados pola morte de 17 maiores nunha residencia do Barco de Valdeorras
O centro, da Fundación Nuestra Señora de Fátima, fora intervido pola Xunta en abril de 2020
O xulgado de instrucción número 1 do Barco de Valdeorras mantén aberta unha investigación pola morte de 17 maiores na residencia da Fundación Nuestra Señora de Fátima.
Os investigados son a propia entidade benéfica, como persoa xurídica, o seu representante legal e a directora do centro. Ademáis de polas mortes tamén os investigan por 59 delitos de lesións imprudentes.
A decisión xudicial prodúcese a raíz dunha querela da Fiscalía. Tras recibir un informe do IMELGA, o Instituto de Medicina Legal, deberá decidir se continúa ou non co procedemento. A residencia chegara a ser intervida pola Xunta en abril de 2020 polo elevado número de contaxios entre os usuarios e o cadro de persoal.