Tres rúas do barrio vigués de Coia están cheas de barreiras arquitectónicas
Os veciños queren que se eliminen as escaleiras e o Concello di que son privadas
Nun Vigo cheo de ramplas e ascensores, os veciños de tres rúas do barrio vigués de Coia seguen cercados por varias escaleiras que impiden que os coches se acheguen aos portais e tamén os coches de bombeiros e ambulancias.
As vivendas contruíronse hai máis de 50 anos e o concello di que se atopan en zona privada, aínda que xa houbo un proxecto de ramplas realizado polo goberno municipal en 2019 cun custe de 1,2 millóns de euros.
Nun barrio en que moitos pasan dos 70 anos a presenza de escaleiras implica que algúns deles non poden saír da casa ou o fan con moitas dificultades.
Os veciños destas rúas Moaña, Bueu e Marín non entenden porque as administracións non fan un esforzo, xa que o custo destas obras sería inasumible para os máis deles.