Triunfo emocionante dun Emevé que camiña con paso firme na Superliga
Triunfo emocionante dun Emevé que camiña con paso firme na Superliga
Impúxose ao vixente campión Unicaja Almería por 3-2
Sétima derrota noutras tantas xornadas do Rotogal Boiro
O Arenal Emevé camiñpa con paso firme na Superliga de voleibol. Na sétima xornada do campionato gañoulle por 3-2 ao poderoso Unicaja Almería, vixente campión da competición ligueira.
O partido foi moi emocionante. O primeiro set levárono os andaluces (21-25) e respondeu o Emevé gañando o segundo (25-23). O Unicaja encamiñou o partido no terceiro set (20-25) pero nun agónico cuarto os galegos conseguiron levar o partido á morte súbita (26-24). A resolución volveu estar chea de incerteza e tamén caeu de lado do cadro local (18-16).
O que segue sen levantar cabeza é o Rotogal Boiro, que perdeu por sétima xornada consecutiva. O Melilla levou o encontro pola vía rápida por 0-3 (20-25, 20-25, 18-25). Os do Barbanza non deron gañado ningún partido e só acadaron dous sets nos sete encontros disputados. Nótase moito a baixada orzamentaria e o único alivio é que os outros dous equipos da zona baixa, Santanderina e Palma, tampouco son capaces de lograr triunfos.