Publicador de contidos
Publicador de contidos

Triunfo histórico do Balonmán Cangas en León

Triunfo histórico do Balonmán Cangas en León

É a primeira vez que os cangueses son quen de gañar nesta terra

G24.gal 05/12/2021 12:35

 O triunfo histórico do Cangas en León baseouse nun extraordinario partido coral coa sobresaínte actuación do portugués Jenilson Monteiro, que logrou sete goles e moitos deses tantos en situacións chave do partido.

Tanto cangueses coma leoneses intercambiaron goles en transición e alternaron as súas defensas, pero os de Moyano sempre dominaron no taboleiro de marcas.

Mesmo cando notaron o alento na caluga dos de Manolo Cadenas tiveron a cabeza fría e lograron facerse co partido tirando proveito do seu maior acerto nas situacións decisivas.

Como por diante vai na táboa clasificatoria onde o Cangas Frigoríficos do Morrazo segue instalado na elite do balonmán español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar